jueves, mayo 17, 2007

Hoxe en Galego

E outro ano máis a celebrar esta super posta en escea que é o día grande das letras galegas. Este 2007 adicado a escritora Maria Mariño. Unha poeta que pasou tan desapercibida nas páxinas da istoria como pasa desapercibida a política lingüistica de este noso pais que é Galicia ou Galiza como sea que se chame esta semana. Outro ano máis no que seguimos a esperar ese Rexurdimento da conciencia galega, iniciativas como a do corre linguas non dan os resultados esperados e, por máis que vemos a este rapaz, ¿cómo se chamaba? Carlos Callón dar unha e outra vez máis e máis voltas a cousa non mellora e eso que está o BNG no poder senón xa nin día das letras teríamos.
Un ano máis a lamentar.