miércoles, mayo 17, 2006

Hoxe en Galego

17 de maio. Día das letras Galegas. Das pobres letras galegas. Queixanse libreiros da nosa terra da pouca aceptación dos libros escritos na nosa lingua ou os traducidos a ela e recordan tempos cando se regalaban libros e rosas por estas datas (a, non, estes eran os do statut, perdón polo erro). E digo eu, será que un libro de 90 páxinas que custa 29 euros e que, por riba, non vale para nada (como o 90% da literatura en galego, perdon quero dicir da literatura traducida ó galego) non ten aceptación entre os galegos, pero tampouco o ten entre os de fóra. Amais, de un tempo a esta parte, e aproveitando o tirón de escritores galegos de certa sona, aparecen unha constelación de pseudoescritores en lingua galega que pouco fan polas letras e menos pola lingua. Son os que eu denomino Xeración do 99 (1999). O mellor tamén deberíamos de ter en conta que somos só 3 millóns de personas falantes e outro millón mais por fóra, e, só o mellor, nin a metade empregamos a lingua a cotío, canto mais para leer. Esta é a herencia do noso pais, unha lingua a perderse, eso sí, temos o rapaz este da Mesa pola Normalización da Lingua a todas horas na tele dicindo que fai e que acontece. E digo eu, ¿non habería que empezar a mirar para os Cataláns e cara o seu modelo lingüistico? Deica o ano.